lunes, 5 de marzo de 2012

Revolución Francesa

TAREFA 1-CAUSAS IDEOLÓGICAS

Define o concepto de Revolucion.
¿Qué movimiento cultural proporcionó las ideas necesarias a los revolucionarios franceses.?
Resume as principais ideas de Montesquieu, e Rosseau.




TAREFA 2 - TRANSFORMACIONES SOCIALES (causa social)

Por que se caracteriza a sociedade estamental?
Describe os privilexios da Nobreza e Clero.
De onde proceden as súas riquezas?
Quen formaban parte do Terceiro Estado? Que tiñan en común?
Que grupo social vai criticar á sociedade estamental?
Por que están descontentos a burguesía e os campesiños?
Por que o Rei poida que teña que enfrontarse á nobreza e o clero?




TAREFA 1

Concepto de Revolucion: revolución é o cambio ou transformación radical e profunda respecto ao pasado inmediato.




A Ilustracion: A Ilustración foi unha época histórica e un movemento cultural e intelectual europeo especialmente en Francia e Inglaterra que se desenvolveu desde fins do século XVII até o inicio da Revolución francesa, aínda que nalgúns países prolongouse durante os primeiros anos do século XIX. Foi denominado así pola súa declarada finalidade de disipar as tebras da humanidade mediante as luces da razón. O século XVIII é coñecido, por este motivo, como o Século das Luces.




Idea de Montesquieu: A súa teoría do equilibrio de poderes non só influirá nos redactores da Constitución francesa de 1791, senón que xa antes pode detectarse a súa influencia en quen como Thomas Jefferson dirixiron o proceso de independencia e participaron na redacción da Declaración de dereitos do estado de Virginia (Texto) e da Constitución dos Estados Unidos de América en 1789.



Idea de Rosseau: Segundo Rousseau os homes nacen libres e iguais en dereitos, pero ao longo da historia os diferentes réximes políticos corromperon aos homes. É hora, segundo Rousseau, de fundar un novo sistema político que se base nesa igualdade de dereitos, na soberanía nacional.







TAREFA 2

O clero: era a primeira das clases sociais privilexiadas. Conservaba un gran prestixio e influencia. Ademais recibía os diezmos dos fieis, posuían extensas propiedades, que abarcaban a cuarta parte da superficie de Francia, e coma se fose pouco, non pagaban impostos.

A nobreza: esta era a segunda clase privilexiada formada por un número de persoas similares ao do clero, que posuían terras de parecida importancia e extensión. Percibían dos campesiños, que vivían nas súas terras, os antigos dereitos feudais, e só pagaban impostos en casos especiais.

No Terceiro Estado distinguíanse distintas categorías, algunha das cales lograra privilexios. A capa superior do estado chairo era a burguesía; a inferior, os obreiros e campesiños.
Estes últimos soportaban pesadas cargas que, na xeneralidade dos casos, privábanlles do catro quintas partes do froito do seu traballo. Debían pagar os impostos ao estado, o diezmo á igrexa e os dereitos feudais ao señor.

TAREFA 3
1.A que están sometidos periodicamente as poboacións no Antigo Réxime.?
en que consiste unha crise de subsistencia?
2.Que provocará a escaseza de alimentos?
3.Que lle ocorría á facenda francesa?
4.Como describiriades a situación financeira de Francia?
5.Que propuñan os ministros de facenda franceses para solucionar o déficit público? Quen se opoñen?

1. As sociedades do Antigo Réxime caracterízanse por ter unha poboación estancada, sometida periodicamente ás chamadas crises de subsistencia, e que aínda non coñeceron a revolución demográfica que fará crecer a poboación europea a ritmos nunca antes coñecidos. Trátase dunha sociedade formada por grupos moi pechados: a sociedade estamental.

2. Cando se producía unha mala colleita inmediatamente iniciábase unha sucesión de acontecementos: escaseza de alimentos, subida de prezos e fame. A consecuencia final era un aumento espectacular da mortalidade.

3. Os campesiños non poden pagar os impostos e aumenta o déficit.

4. Unha situacion de crisis absoluta.

5. Os ministros franceses propuñan cobrarlles impostos aos nobles e mais a o clero xa que non o pagaban e tiñan diñeiro de sobra.
Os que estaban en contra eres a nobleza e mailo clero.


TAREFA 4-CRISE POLÍTICA
1.Define o concepto de Absolutismo.
2.Que poderes concentra o Rei?
3.A quen se ve obrigado a convocar o Rei? Define este organismo.
4.Neste órgano como querían reunirse e votar os Estamentos privilexiados?  E o terceiro estado?
5.Que recollían os cadernos de queixas que levaba cada representante a esta reunión?

1.O absolutismo é unha forma de goberno na cal o poder do dirixente non está suxeito a ningunha limitación institucional que non sexa a lei divina. É un poder único desde o punto de vista formal, indivisible, inalienable, intranscriptible e libre.

2. O rei concentra todos os poderes xa que e unha monarquia absolutista. O poder executivo lexislativo e xudicial.

3. O rei convoca os estados generales.Os Estados Xerais en Francia do Antigo Réxime eran unha asemblea convocada polo Rei de maneira excepcional e á que acudían representantes de cada estamento: o clero (primeiro estado), a nobreza (segundo estado) e os representantes das cidades que dispuñan de consistorio (terceiro estado).

4. Os estamentos privilexiados querian votar por estamentos asi eles gañaban.
O terceiro estado queria votarpor cabeza asi eles gañaban.

5.Levaban as queixas dos cidadans pertencentes o terceiro estado.

TAREFA 5
1.Os representantes do Terceiro Estado en que deciden constituírse?
2.Onde ven obrigados a reunirse os representantes do terceiro estado? Que xuran?
3.Que reacción provoca nas masas populares parisienses? en que data?
4.En días seguintes que se producirá no campo? Explica en que consistiu
5.Que medida aprobou neste sentido a Asemblea Nacional?
6.Con que importante declaración comeza a Constitución?
7.Na Constitución como queda o poder do Rei? Que poderes conserva?
8.Quen se situaban á esquerda na Asemblea? Que ideas defendían?
9.Quen sentaban á dereita? Que ideas defendían?



1. Os representantes do Terceiro Estado deciden constituírse en Asemblea Nacional.

2. Decidiron reunirse en diante no edificio dun frontón dedicado ao xogo de pelota onde xuraron non separarse até proporcionarlle unha nova Constitución a Francia.
3. Pero desde eses primeiros días de xullo advírtese que parte da Corte non está disposta a aceptar a nova situación. Pronto se advirte un importante despregamento de tropas en Versalles e París que será respondida con movementos populares de miles de persoas buscando armas e construíndo barricadas ante o rumor de que a monarquía pensa terminar coas accións revolucionarias dos Estados Xerais.
4. Tamén no campo producirase unha enorme axitación, o "Gran Medo", con masas de campesiños tomando castelos e mosteiros ao asalto coa intención de queimar os arquivos onde se gardaban os documentos de propiedade señorial, e así terminar coa opresión que para eles supuña o réxime feudal.

5. Como resposta a estas revoltas campesiñas os deputados da Asemblea Nacional redactarán un decreto de abolición dos dereitos feudais que sen responder a todas as demandas campesiñas serviu para pacificar o campo.

6. Nese mesmo mes de agosto de 1789 avanza a redacción da Constitución en cuxo comezo figurará o histórico documento que recolle a Declaración de dereitos do home e do cidadán , publicada o 26 de agosto de 1789 e que constitúe un auténtico resumo das ideas de quen impulsan a revolución. Esta Declaración, co seu defensa da igualdade ante a lei (artigo primeiro), a soberanía nacional, isto é, que o poder reside no conxunto dos cidadáns (artigo terceiro) e das liberdades individuais.

7. O monarca dentro do esquema de división de poderes que segue a teoría de Montesquieu, conserva o poder executivo e ten dereito de veto sobre as leis que saian da Asemblea, pero os seus poderes están moi lonxe dos dun monarca absoluto. O poder lexislativo, residiría nunha única cámara, a Asemblea Lexislativa, cuxos membros debían ser renovados mediante elección popular.

8.Na parte esquerda da asemblea sitúanse quen simpatizan máis coas novas ideas sancionadas pola constitución e que como club reuníanse logo no antigo convento dos jacobinos. A esta localización espacial nesa asemblea debe hoxe o seu significado político a palabra esquerda.



9. Nos escanos da dereita sentaban quen defendían con forza os poderes do rei e pensaban que a asemblea estaba a ir demasiado lonxe. Tamén empeza a perfilarse un novo partido que di representar os intereses das masas populares.


TAREFA 6

1.Que medidas tomou a Convención?
2.Cal foi o suceso máis transcendental desta etapa?
3.En que se converte Francia?
4.Que novos dereitos incluía?
5.Quen detentan o poder nestes momentos?Quen os dirixen?
6.Por que se caracteriza esta etapa de Terror?
7.Que instaura Robespierre? Defíneo.

1. Tomou so unha medida redactar unha nova constitucion.

2. Cando se descubran probas de que Luís XVI está a colaborar cos exércitos estranxeiros que loitan contra Francia os jacobinos pedirán para el pena de morte. A execución pública producirase en xaneiro de 1793

3. Durante algúns meses, o goberno de Francia convértese nunha ditadura persoal. Esta situación terminará cando os inimigos de Robespierre, unidos polo medo a ser eliminados, actúen contra el. Maximilien Robespierre será guillotinado, e coa súa morte chega o fin da etapa máis radical da revolución francesa.
4.En 1791  ademais de incluír o sufraxio universal masculino, recoñecía dereitos sociais, como o dereito á educación e ao traballo ou a protección con diñeiro público dos máis desfavorecidos.

5. Durante esta etapa de goberno o poder quedou en mans dos jacobinos que se apoiaban na forza dos chamados sans-culottes na rúa.

6. Durante esta fase (o Terror) ditatorial da República, a utilización da violencia política contra os considerados inimigos da revolución foi algo constante. Os xuízos irregulares por parte de tribunais revolucionarios terminaban frecuentemente con condenas á morte (fálase de máis de 40.000 execucións nuns poucos meses). Durante esta etapa a violencia política converteuse en práctica política pois os comités mantivéronse no poder eliminando de forma sistemática aos seus rivais coa escusa de que a revolución perigaba ante as conspiracións de nobres e eclesiásticos apoiados polas monarquías absolutas europeas.

7.Comités, como o Comité de Salvación Pública, dirixido por Robespierre, que na práctica gobernaron Francia de forma ditatorial. Con isto chega a etapa do Terror.


TAREFA 7
1.Ante a inestabilidade a quen se viu obrigado a pedir axuda o directorio?
2.Que militar comeza a destacar? Realiza unha ficha.
3.En que ano dá un golpe de estado? Explica que é un golpe de estado.
4.Resume as consecuencias da revolución francesa



1.O directorio viuse obrigado a pedir o apoio do exército onde apareceu como salvador un mozo xeral, Napoleón Bonaparte, que en anos posteriores desempeñará un papel político esencial.
2. Napoleón Bonaparte foi un militar e gobernante francés, xeneral republicano durante a Revolucion. Napoleón é considerado como un dos maiores xenios militares da Historia, comandando campañas bélicas moi exitosas, aínda que con certas derrotas igualmente estrepitosas. As súas agresivas guerras de conquista convertéronse nas maiores operacións militares coñecidas até ese momento en Europa, involucrando a un número de soldados xamais visto nos exércitos da época.



3.En 1799 dará un golpe de estado que porá todo o poder nas súas mans.
Un golpe de estado é a toma do poder político, dun modo repentino e violento, por parte dun grupo de poder, vulnerando a lexitimidade institucional establecida nun Estado, é dicir, as normas legais de sucesión no poder vixentes con anterioridade

4.Coa chegada de Napoleón Bonaparte non finalizou a revolución, pois algúns dos seus cambios perdurarán. Así a revolución supón o fin da monarquía absoluta en Francia. A perda dos privilexios da Igrexa e a Nobreza xa non terá marcha atrás. Nin tampouco o terán os dereitos feudais, nin o diezmo que se pagaba á igrexa, nin a venda das terras do clero a particulares.