jueves, 9 de febrero de 2012

Revolucion Industrial

1. a) Norfolk. Sistema de cultivo revolucionario xurdido entre os anos 1730- 1740 en Inglaterra no momento da Revolución industrial que consistía en que nos cultivos facíanse rotacións regulares sen esgotar nunca a terra nin deixala improductiva.
Este sistema foi inventado por Lord Townshend, embaixador inglés en Holanda e secretario de Estado, quen tras abandonar a súa carreira política en 1730 retirouse ás súas propiedades en Norfolk (Reino Unido). Tratábase de aplicar a rotación cuatrienal: trigo, nabos, cebada, trevo. Desta forma eliminouse o barbecho, aumentando a produtividade e dedicando as plantas forrajeras á alimentación do gando.
a) A Rotación Trienal. Baséase na sucesión no campo de cultivo dun cereal de inverno o primeiro ano, un cereal de primavera o segundo ano e ao final un ano de barbeito.


3.
A)John Middleton defendia que se tiñan que aproveitar mais as terras comunales porque non se estaba a aproveitar ben. Desecado as terras e separando as humedas das aridas, mellorariase o estado do gando,
cercarianse as terras para que o gando non adubese tan libre e asi as terras non se destruiran polo continuo abuso dos animais, maior explotacion do gando, reducir a expansion das enfermidades concentrando o gando, tamen averia mais oferta polo gando pero menosm prezo, e a raiz de todo esto tamen se farian novos postos de traballo e a xente non se iria as cidadades a buscar traballo.
 






B)Este grupo de campesiños dicen que non haberá pastos que a produccion baixara moito, a consecuencia desto as ventas baixaran, e os productos de primeira necesidade escasearan e teran que marchar a outros lugares como as cidades a buscar traballo para poder sobrevivir. Logo o Parlamento axudalles a defender esta posicion.






1. porque o algodon foi a materia prima fundamental para a industrializacion do sector textil
2. porque se precisaba desenvolver a industria siderurxica
3. explica o nacemento do ferrocarril






1.O sector algodonero:
O traballo do algodón foi o primeiro alicerce da Revolución Industrial. O algodón é un tecido suave e resistente de fácil lavado e que, producido en grandes cantidades, resultaba sumamente económico. A importación de tecidos de algodón da India e outros lugares viuse favorecida polo comercio colonial, pero pronto os industriais ingleses déronse conta de que o negocio consistía en converterse en fabricantes dun produto con tanta demanda. Cara ao ano 1700 conseguiron prohibir a importación de tecidos estampados e cara a 1750 impediron importar calquera tecido de algodón. Agora importaríase da India ou das plantacións esclavistas de Estados Unidos e os industriais ingleses fiaríano, tecerían e estamparían.




2. · Carbón e ferro:
O segundo chanzo da industrialización en Gran Bretaña situouse no sector do carbón e a siderurgia.
Co carbón alimentábanse as máquinas de vapor e era igualmente necesario para a siderurgia, que se estaba desenvolvendo con forza para proporcionar ferro para as novas máquinas.
A substitución do carbón vexetal polo carbón de coque, con moito máis poder calorífico, e a súa utilización nun alto forno, permitiron un extraordinario crecemento do sector mineiro do carbón e a produción de ferro en grandes cantidades.


3. · Ferrocarril:
O progreso nos transportes tamén foi decisivo. Melloraron os camiños, e a navegación fluvial coa construción de canles que permitían o transporte de mercadorías de maneira rápida e pouco custosa. Cando o vapor converteuse nunha enerxía, enseguida quíxose aproveitar para o transporte. A aplicación ás carruaxes foi un fracaso e só se puido construír un medio de transporte innovador ao unir o tradicional sistema de vagonetas desprazadas por raíles, utilizado nas minas, coa locomotora. Así nacía o ferrocarril, utilizado inicialmente nas minas.
Os ferrocarrís de vapor convertéronse rapidamente no eixo vertebrador do mercado interior, xa que permitiron aumentar a rapidez e a capacidade dos transportes, sobre todo cando se aplicou o vapor aos barcos. Os novos sistemas de transporte achegaron ás persoas, permitiron os movementos de poboación, a fluidez do correo e a de prensa e deron lugar á creación dun ámbito de circulación cada vez menos local e máis internacional
(primeira maquina de vapor feita por stiphenson)

No hay comentarios:

Publicar un comentario